Entradas

UNHA EXPERIENCIA DE CLONACIÓN VEXETAL

Imagen
 Os alumnos e alumnas de 4º da ESO fixeron o establecemnto in vitro de explantos de Ilex koehneana (acivro) con diferentes doses de hormona de enraizamento (AIB) e o seguimento do crecemento de raíces e follas. Os resultados foron expostos no Congreso Científico da Montaña, no Courel.

ESTUDAMOS O SANGUE

Imagen
 Dentro das actividades do Club de Ciencia, determinamos os grupos sanguíneos máís frecuentes entre o alumnado e observamos as célular sanguíneas, facendo previamente o tinguido das mostras. O grupo sanguíneo máis frecuente foi o A + Tinguido das mostras para observar células sanguíneas

ACTIVIDADES DE ZOOLOXÍA

Imagen
  Alumnos de primeiro de bacharelato observaron a anatomía interna e externa de diferentes invertebrados así como de órganos de vertebrados. Estas prácticas corresponden ás actividades encadradadas dentro do Club de Ciencia. LURA CENTOLO                                                                                    NECROPSIA DE TROITA                                                                                               RIL DE PORCO

UN PASEO POLOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

Imagen
  Alumnos de 3º ESO desfrutando dun día en contacto coa ciencia na Casa do Home, a Casa das Ciencias e a Casa dos Peixes, A actividade máis asombrosa foi o poder realizar unha disección do corazón de porco.  O máis complicado foi montar unha maqueta do corazón cos ollos pechados Na Casa das Ciencias aprendemos sobre ondas e péndulos

DONAS DAS PAREDES

Imagen
  DONAS DAS PAREDES: AS HABITANTES DA MURALLA Durante a primavera deste curso recollemos a   información arredor das pequenas plantas que medran entre as pedras da muralla. Como prImeiro paso observamos que as rochas fundamentais son os xistos e o granito, por outra banda, as abundantes no concello de Lugo. Erigeron karvinskianus de orixe americano  pero asilvestrada e amplamente distribuída. Cymbalaria muralis , é de pequeno tamaño pero está moi distribuída nas paredes da nosa comunidade. Un só gramo das súas sementes contén uns 4600 grans. Un dato curiose é que se pensa que chegou ás Illas británicas  xa que as súas sementes ían en algunhas esculturas de mármores que foron levadas de Italia ata Oxford. Chelidonium majus , herba celidonia. Ë coñecida por ter un látex amarelo que se usa para eliminar as verrugas. Como curiosidade citar que as sáus sementes están unidas a un eleosoma (parte comestible) que as formigas aproveitan para alimentarse, sendo esta unha maneira eficaz d

XOGANDO COA ELECTRICIDADE ESTÁTICA

  Esta actividade foi realizada no laboratorio de química durante os tempos de lecer. Os estudantes de 2º da ESO foron invitados a colaborar no programa "aquelando con chispa"  coa demostracións arredor da electricidade estática con distintos tipos de materiais por unha banda e demostración da densidade do fume por outra. Materiais usados: Globos, azucre, materiais de aluminio, confeti e moita cabeza O feito de fregar un globo contra o cabelo faílle adquirir cargas eléctricas netas que se poñen de manifesto cando se achega a materiais como aluminio, o azucre ou o confeti, aos cales atrae. Pola contra, puideron observar que ao achegar dous globos cargados, estes repélense por ter cargas do mesmo signo.