martes, 28 de xuño de 2022

DONAS DAS PAREDES

 

DONAS DAS PAREDES: AS HABITANTES DA MURALLA

Durante a primavera deste curso recollemos a  información arredor das pequenas plantas que medran entre as pedras da muralla.

Como prImeiro paso observamos que as rochas fundamentais son os xistos e o granito, por outra banda, as abundantes no concello de Lugo.



Erigeron karvinskianus de orixe americano

 pero asilvestrada e amplamente distribuída.


Cymbalaria muralis, é de pequeno tamaño pero está moi distribuída nas paredes da nosa comunidade. Un só gramo das súas sementes contén uns 4600 grans.

Un dato curiose é que se pensa que chegou ás Illas británicas  xa que as súas sementes ían en algunhas esculturas de mármores que foron levadas de Italia ata Oxford.






Chelidonium majus, herba celidonia. Ë coñecida por ter un látex amarelo que se usa para eliminar as verrugas. Como curiosidade citar que as sáus sementes están unidas a un eleosoma (parte comestible) que as formigas aproveitan para alimentarse, sendo esta unha maneira eficaz de dispersión.



Pentaglottis sempervirens, lingua de boi. As súas follas dábanselles cocidas aos porcos.




Veronica pérsica, o seu nome fai referencia a que se pensa que ten unha orixe asática. É de moi pequeno tamaño e moi abundante en parques e xadíns.             



Centranthus calcitrapae, é unha planta anual que florece entre maio e xuño en lugares secos e muros de toda Galicia



Asplenium trichomanes ou culantrillo menor.

Teofastro afirmaba que era bo contra a calvicie, mesturado con aceite. Tamén se usou como expectorante ou para provocar a menstruación e como  substituto do te.

Medra en muros de pedra sombríos  en lugares non demasiado secos.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

INDICADOR DE pH VEXETAL