DONAS DAS PAREDES: AS
HABITANTES DA MURALLA
Durante a
primavera deste curso recollemos a
información arredor das pequenas plantas que medran entre as pedras da
muralla.
Como prImeiro paso observamos que
as rochas fundamentais son os xistos e o granito, por outra banda, as
abundantes no concello de Lugo.
Cymbalaria muralis, é
de pequeno tamaño pero está moi distribuída nas paredes da nosa comunidade. Un
só gramo das súas sementes contén uns 4600 grans.
Un dato curiose é que se pensa que chegou ás Illas
británicas xa que as súas sementes ían
en algunhas esculturas de mármores que foron levadas de Italia ata Oxford.
Veronica pérsica, o seu nome fai referencia a que se pensa que
ten unha orixe asática. É de moi pequeno tamaño e moi abundante en parques e
xadíns.
Asplenium
trichomanes
ou culantrillo menor.
Teofastro
afirmaba que era bo contra a calvicie, mesturado con aceite. Tamén se usou como
expectorante ou para provocar a menstruación e como substituto do te.
Medra
en muros de pedra sombríos en lugares
non demasiado secos.






