Esta actividade foi realizada no laboratorio
de química durante os tempos de lecer.
Os estudantes de 2º da ESO foron invitados a
colaborar no programa "aquelando con chispa" coa demostracións arredor da electricidade estática
con distintos tipos de materiais por unha banda e demostración da densidade do
fume por outra.
Materiais usados: Globos, azucre, materiais de aluminio, confeti e moita cabeza
O feito de fregar un globo
contra o cabelo faílle adquirir cargas eléctricas netas que se poñen de
manifesto cando se achega a materiais como aluminio, o azucre ou o confeti, aos
cales atrae.
Pola contra, puideron observar
que ao achegar dous globos cargados, estes repélense por ter cargas do mesmo
signo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario