venres, 17 de xuño de 2022

ÁRBORES DO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO

 


            O parque Rosalía de Castro da cidade de Lugo ten arredor de 100 anos e contan con

            unha gran variedade de árbores procedentes de todos os continentes, predominando as

            esepecies de folla caduca e climas temperados.

            Destacan exemplares magníficos de Sequoiadendron giganteum, as secuoias xigantes.        

            No traballo que realizamos arredor deste parque cos alumnos de 3º e 4º da ESO fixámonos 

            nas 5 parcelas que aparecen sinaladas no plano, nas cales están presentes os xéneros/especies

            que relacionamos.



                    EXEMPLARES DESTACADOS NA PARCELA A





Contén unha araucaria, varios exemplares de pradairo, un carballo americano, un acivro, e unha abelaira. 

 EXEMPLARES DESTACADOS NA PARCELA B



Destacan un teixo, un ginkgo, un pradairo, unha catalpa e un castiro de indias.



 EXEMPLARES DESTACADOS NA PARCELA C


Contén un tulipeiro e un carballo (Quercus fastigiata) como especies máis chamativas.


 EXEMPLARES DESTACADOS NA PARCELA D



Contén duas árbores magníficas, un ciprés e un exemplar de Chamaecyparis lawsoniana.


EXEMPLARES DESTACADOS NA PARCELA E



Nesta parcela hai árbores fermosas como o cedro, a abelaira, o pradairo, o ginkgo ou o taxodium distichum así como unha maxestuosa faia.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

INDICADOR DE pH VEXETAL